Tuesday 21 de May de 2024

Este sábado o alcalde de Ordes volve a abrir as portas do seu despacho para atender á veciñanza


Este vindeiro sábado, 26 de setembro, o alcalde de Ordes volverá a abrir as portas do seu despacho de 10 a 13 horas para atender aqueles veciños e veciñas que non poden acudir no horario establecido ao longo da semana lectiva.
‘Os Sábados de portas abertas do goberno local’ é unha iniciativa mediante a cal se pretende facilitar o contacto directo entre a veciñanza e os representantes locais de cara ao tratamento de problemáticas, asesoramento, suxestións ou para a resolución de dúbidas.

A dita iniciativa desenvólvese o último sábado de cada mes dende a toma de posesión do novo equipo de goberno en xullo. Ata o de agora foron moitas as persoas, asociacións, agrupacións e colectivos que aproveitaron esta iniciativa. Para poder facer uso dela poden presentarse no horario establecido ou ben solicitar cita previa a través do teléfono do Concello (981680002).
Por outra banda Alcaldía tamén ten habilitado nos últimos meses un correo electrónico directo para plantexar dúbidas ou suxestións. Para acceder a el poden facelo na páxina web do Concello (www.ordes.gal) ou ben directamente a través do seguinte enlace: http://bit.ly/1JeFsvj